Franquismo (1939 – 1975)

Primeira etapa

Bases e apoios:

O réxime franquista pódese clasificar como unha ditadura militar ideoloxicamente baseada no  pensamento conservador e católico e que incorpora elementos do fascismo italiano.

4b57587228b2697f0baddd9c930968271e5d224b

Nun principio os militares sublevados estaban unidos polos chamados grandes males: a democracia, o marxismo… Trala Guerra Civil formación franquista foi determinante par implantar un orde no país como nun cuartel militar. Tamén recuperouse a bandeira monárquica, o escudo dos RRCC e o himno: a Marcha Real de Granaderos.

Todos os grupos políticos foron agrupados nunha única formación legal: o Movemento Nacional. Igual sucedeu cos sindicatos, que formaron: o Sindicato Vertical. A poboación feminina e xuvenil foron ensinados nos “valores do réxime”; e adoptaron formas identificativas, como: a camisa azul, o brazo en alto…

 

   descargadescarga.jpg

 

Leis fundamentais:

O ordenamento xurídico foi amplo e estivo articulado arredor dunhas leis de carácter constitucional, chamadas; Leis fundamentais.

 

Data Parte dogmática (ideoloxía) Parte orgánica (organización)
1938 Foro do traballo
1942 Lei de Cortes
1945 Foro dos Españois Lei de Referendo
1947 Lei de Sucesión
1958 Lei de Principios de Movementos
1967 Lei Orgánica do Estado

descarga (1)

Estas leis recollían e regulaban distintos ámbitos da vida política.

 

Franco, caudillo de España:

 

Franco recibiu todos os poderes do estado garzas aos seus compañeiros a pesar da advertencia do xeneral Cabanellas e nomeado Caudillo de España.

 

descarga (1).jpg

Posteriormente os seus poderes foron limitados polo catolicismo, os anticomunistas e a monarquía a causa da Lei Orgánica. Ademais dividiron un poder total en Xefe de Estado e Xefe do Goberno.

Franco exerceu o seu poder coa axuda do exercito (eixo do réxime) realizando un traballo de defensa e mantemento do orde interno da patria. Os militares gozaban de numerosos privilexios e atribucións aínda que a nivel técnico e profesional mantívose obsoleto.

 

Unha monarquía sen rei:

Unha das peculiaridades dos franquismo foi a de ser unha monarquía sen rei mentres Franco vivise. Ademais creáronse dúas institución: o Consello de Rexencia e o Consello do Reino.

O trono fora reclamado polo lexítimo herdeiro Xoán de Borbón, conde de Barcelona, aínda así Franco non estivo disposto a cederlle poder. A partir do ano 1969 Franco optou por ceder o poder ao fillo do conde de Barcelona ao seu fillo Xoán Carlos.

descarga (2).jpg

descarga (3)

 

 

 

 

 

 

 

Movemento nacional:

A doutrina oficial baseábase no programa da falanxe e nas forzas políticas que o apoiaban.

 

 

A partir do 1950 a falanxe perdeu influencia e transformouse no Movemento Nacional renovando os seus ideais mesturando ideas do tradicional catolicismo e do fascismo. Esta foi recoñecida como único partido recoñecido e legal. Para velar por estes principios creouse o Consello do Movemento Nacional.


descarga (4).jpgfalange-1936-simbolo--146x220.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

Unidade da patria e centralismo:

España foi a referencia á que todos os individuos debían estar sometidos polo que todo o sistema político-administrativo baseábase no principio de centralismo e unidade do poder. Suprimiuse todo o anteriormente creado.

Nacionalcatolicismo:

O franquismo defendeu o catolicismo e a confesionalidade, ademais do sometemento da vida política, social e cultural ás directrices da Igrexa católica. isto foi coñecido como nacionalcatolicismo español. Esta unión mantívose durante gran parte da ditadura.

Esta relación regularizouse coa sinatura do Concordato de 1953 onde ambos obtiñan unha serie de privilexios ou beneficios.

descarga (5).jpg

En 1967 creouse a Lei de Liberdade Religiosa o que provocou gran controversia.

 

Sindicalismo vertical:

En 1938 regulouse o mundo laboral mediante o  Foro do Traballo, onde recollían unha serie de aspectos de mellora.

descarga (6).jpg

Reorganizouse o mundo sindical: volvéronse ilegais todos os sindicatos existentes e os traballadores se encadraron en tres esferas (campesiña, artesanal-industrial e marítima) con distintas funcións. Ademais formouse un único sindicato: a Organización Sindical do Movemento, para evitar a conflitividade social.

 

Limitación dos dereitos individuais:

O réxime limitou e subordinou os dereitos á lealdade á Franco, á Falanxe e ao Movemento. Isto desembocou na creación en 1945 do Foro dos Españois no cal establecíase unha serie de deberes e dereitos tanto individuais como sociais.

Tamén produciuse unha férrea censura e tentouse educar no chamado Espírito Nacional.

 

Subordinación da muller:

A familia foi considerada como a base fundamental da sociedade tendo cada membro unha finalidade. Na divulgación destes valores tivo gran importancia a Sección Feminina, creada en 1934. Tamén creouse o Servicio Social para adoutrinar a muller en 1937.

descarga (7)

A partir do 1960 produciuse unha serie de cambios producidos polos cambios sociais e o incremento económico. Aínda así mantívose os papeis da muller na sociedade.

 

A democracia orgánica:

O modelo político franquista foi considerado unha democracia orgánica.

Coa implantación da Lei Orgánica do Estado modificáronse as Cortes , limitouse o poder de Franco. Os membros foron elixidos por un sistema complexo restrinxindo os sufraxios. Os procuradores de Provincia foron escollidos polos cabeza de familia.

 

 

Nos Concellos un terzo eran escollidos por cabezas de familia, outro terzo por elección dos sindicatos locais e o último terzo por elección dos concelleiros xa electos.

A democracia orgánica complementábase con dereitos de colaboración directa dos españois supeditados a vontade  de Franco impostos na Lei do Referendo de 1945.

 

Segunda etapa do franquismo (1959-1973)

 

O crecemento económico potenciou cambios sociais e a oposición foi en aumento.

 

A sociedade española dos ano 60 foi transformándose nunha sociedade como a de Europa occidental, cun mellor nivel de vida. Causas:

 

 

  1. Melloras polo desenvolvemento económico
  2. Influencia estranxeiras ( turismo e emigración)
  3. Influencia medios de comunicación

 

 

 

Transformación das costumes:

 

  1. Maior acceso a bens de consumo (automóbil)
  2. Mellora da hixiene e a saúde
  3. Mellora da escolarización
  4. Influencia dos medios

 

Cambios na estrutura social

 

  1. Aumento das clases medias
  2. Incorporación da muller ó mundo laboral

 

 

 

Forzas de oposición

 

Intensificación da oposición nos anos 60: demandaba a restauración do sistema demográfico.

 

  • Os universitarios denunciaban a falta de lexitimidade do franquismo e esixían a democracia. O obxectivo da revoltas foi conseguir un sindicato de estudantes, pero o goberno tomaba isto como un problema

 

  • Nos anos 60 as protestas pasan a ser algo cotián, nace na clandestinidade Comisións Obreiras. A tensión orixinada polas accións obreiras levou á declaración do Estado de excepción en varias ocasións. A partir dos 70 multiplicáronse o número de folgas e folguistas.

 

  • Aumenta a oposición política ó réxime:

 

  1. Actividade terrorista
  2. Aumento do número de militantes na oposición
  3. Clandestinidade

 

  • No ano 1959 creouse ETA (forma radicalizada do nacionalismo vasco) como loita contra o réxime de Franco.

 

  • Destacou a actividade do Partido Comunista, a pesar da forte represión que sufrían os seus membros pola loita antifranquista.

 

  • A petición de Franco para entrar nas institucións europeas foi rexeitadas por estas xa que pedían réximes democráticos

 

 

 

As relacións co exterior

 

O desenvolvemento económico de España nos anos 60 está marcada pola política exterior.

 

  • Un dos obxectivos do réxime foi formar parte das Comunidades Europeas, pero so se conseguiu un tratado comercial.
  • Marrocos independizouse no 1956
  • Un dos temas preferentes foi o de Xibraltar, que urxía recuperalo, pero Gran Bretaña non estaba disposta.
  • Os acordos con EEUU foron impedidos polas dificultades de entendemento.

 

Agonía do franquismo 1973-1975

 

  • Últimos ano do franquismo foros moi axitados.
  • Ansia de cambios con maiores liberdades.
  • Diferencias nas filas franquistas.
  • Alzouse a crecente oposición democrática.

 

Crise económica e política

 

1973: Ano grave para Franco

  • Crise petróleo
  • Morte de Carrero Blanco
  • Deterioro físico de Franco (
  • Anunciábase o fin do réxime

 

Crise económica

  • subida de prezos do petróleo
  • novo ciclo tecnolóxico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Morte de Carrero Blanco

 

  • 1973: presidente do goberno
  • 20 decembro: atentado da ETA que matou a Carreo
  • Incremento da oposición

 

 

 

A oposición no exterior

 

Os partidos antifranquistas querían conseguir para España as institución democráticas de Europa occidental.

 

Morte do ditador

 

20 novembro 1975

 

 

 

España

Grande depresión debida á Guerra Civil, o que obriga,xunto con outros factores, a que España  manténgase neutral na Segunda Guerra Mundial.

 

1.-Organización política.

 

Durante todo o Franquismo, a grande dificultade de Franco foi estruturar un

réxime político que carecía de bases ideolóxicas. No seu lugar, o

Réxime foi cambiando a medida que as circunstancias tamén o facían.  

Ata 1942 o Réxime tiña unha apariencia fascista, deste modo deu á

Falanxe un gran protagonismo. O seu líder, Ramón Serrano Súñer actuou como enlace ante Hitler.

A vantaxe na Guerra Mundial en 1943 a favor dos aliados fixo que o Réxime abandoara calquer apariencia de Fascismo e pasou a denominarse Nacional- Catolicismo. Deste modo enfatizaba o seu aspecto católico e anticomunista e relegaba o fascismo. Asimesmo, para facerse aceptable ós EEUU adquire unha apariencia “democrática” ao denominarse Democracia Orgánica e incluso  dotábase dunhas Leyes Fundamentales que pretendían dar a sensación de que existía algo similar a unha Constitución.

Os antiguos sindicatos foron abolidos e substituidos polos sindicatos verticais de inspiración fascista. Estes sindicatos verticais incluían a obreiros, patronos e membros da Falanxe e contribuían a eliminar o concepto de loita de clases. Os obreiros non tiñan posibilidade de expoñer as súas verdadeiras reivindicacións nestes sindicatos.

 

2.-As transformacións económicas. Da autarquía ao desarrollismo.

A Autarquía Económica (1939-1950): Trala Guerra Civil, a situación

económica de España era desastrosa. O Franquismo optou pola autarquía, é dicir, a autosuficiencia económica de España (limitación das importacións, produción nacional de todo o necesario). Esta opción foi en parte voluntaria e en parte obrigada polas circunstancias (a Segunda Guerra Mundial e o bloqueo diplomático e económico que sufriu España nos anos 40).

imagen 43

 

 

3.-Os cambios sociais e culturais

 

A sociedade dos anos 40 e 50 non experimentou grandes cambios respecto a

da Guerra Civil. A pesar de que o tamaño das grandes cidades continuaba aumentando, seguía dominando a poboación rural (40 % da poboación activa no sector primario en 1960). Ademáis era unha sociedade moi concentrada en ricos e pobres cunha débil clase media.

O Franquismo contribuíu a estender nesta xeración unha mentalidade tradicional, católica e autoritaria baseada nos valores relixiosos e cunha moral moi estricta (especialmente nos comportamentos sexuais). Ademáis  tratábase dunha sociedade baseada na discriminación entre vencedores e vencidos, militares e civís, homes e mulleres, etc.  

 

 

4.-A represión dos vencidos

 

Co fin da Guerra Civil, os vencidos tiveron que poñerse a salvo do represivo sistema de Franco. A oposición ao Réxime manifestouse, na primeira etapa do Franquismo, en dous ámbitos, no exterior (cos exiliados) e no interior (Guerrilleiros). Na represión do interior do país permanecía en cadea arredor de 300.000 españois, dos que 22.000 foron fusilados, pola mera acusación de ser desafectos ao réxime; 7.000 mestres foron encarcerados, e dous tercios do profesorado universitario foron destituídos ou exiliados.

 

4.1. Exiliados

 

Moitos dos vencidos exiliados nunca regresaron a España. É difícil coñecer a cifra exacta de exiliados, xa que nunca na historia de España se producira un éxodo de tal magnitude.

Unha gran porcentaxe de exiliados trasladáronse a Francia, onde nun primeiro momento foron internados en campos de refuxiados a cargo do Goberno francés e de diversos organismos que se encargaban do seu coidado. Coa entrada dos

nazis en Francia, durante a 2ª Guerra Mundial, causou que moitos destes refuxiados, considerados perigosos polos ocupantes nazis, foran internados en campos de concentración (13.000, aproximadamente, dos que sobreviviron unha sexta parte)  ou devoltos a España, onde moitos foron executados.

 

imagen44

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4.2. Guerrilleiros

 

Eran a oposición exercida polos grupos e partidos políticos que decidiron organizar a protesta no interior do país empregando como arma fundamental a loita armada. Coñecidos como maquis nalgunhas zonas. No inicio da guerra eran so fuxidos ou escapados ao monte coa idea e a esperanza de que poderían regresar as súas casas ao cabo duns días cando estivese controlado o golpe militar. A evolución dos feitos obrigou a moitos destes fuxidos a converterse en guerrileiros, organizando unha resistencia que durou, nalgúns lugares, ata o inicio da década dos cincuenta.

imagen 45

 

 

5.-Desenvolvemento económico e inmobilismo político (1959-1973)

 

Os sesenta e principios dos setenta estiveron marcados por un gran desenvolvemento económico, ó contrario que o inmobilismo político, homes cercanos ao Opus Dei e políticos cunha profunda formación técnica controlaban os gobernos, de aí que este período sexa coñecido como autoritario-tecnocrático. O Plan de Estabilización de 1959 introducía medidas liberalizadoras coas que se iniciaba unha etapa de forte crecemento económico (milagre español). Paralelamente ó desenvolvemento económico prodúcense importantes cambios na sociedade española, que non estiveron acompañados do cambio político. Este inmobilismo orixinou o aumento xeral da oposición.

 

5.2.-Os plans económicos.

 

Os problemas económicos que viña arrastrando España dende o inicio da política da autarquía evidenciaban a necesidade de dar á economía un xiro radical. As medidas que se adoptaron deron bos resultados e o crecemento económico español foi, nalgúns sectores, espectacular.

 

 

 

 

 

Galicia

 

Os corenta anos que durou o réxime franquista supuxeron un corte radical e un claro retroceso para o prestixio, avance e a conciencia lingüística que os galeguistas conseguiran nos primeiros anos do século XX.

 

1.-A Editorial Galaxia

 

Nesta etapa apartaron o galego  dos ámbitos institucionais e culturais, así como dos usos escritos. Aínda que non había na época unha lexislación que prohibise de forma explícita o uso do idioma, o uso público do galego en contextos interpretábase como unha clara oposición ó réxime.Pero, son necesarias algunhas matizacións temporais.

 

A década de 1940 estivo caracterizada por un total silenciamento e represión do idioma nos usos públicos, pero a partir de 1950 observamos xa un pequeno rexurdimento, debido en grande medida ao traballo da Editorial Galaxia. A aparición de asociacións como O Galo e O Facho nos anos 60, xunto co nomeamento en 1963 do 17 de maio como Día das Letras Galegas, axudaron a revitalizar os usos culturais da lingua, acentuándose este crecemento lingüístico na década dos 70, onde, coincidindo coa etapa máis aberta do réxime, o galego chega a ter certa presenza na ensinanza e nos medios de comunicación.

 

 

2.-A castelanización da sociedade

 

No que ao uso do galego nos ámbitos  de identidade e familiar se refire, o galego mantivo o seu protagonismo maioritario, aínda que o castelán foise instalando progresivamente nas clases sociais máis acomodadas e nos núcleos urbanos. Aínda así, debemos ter en conta que nestes anos dous terzos dos habitantes de Galicia vivían en cúmulos de poboación de menos de dous mil habitantes, o que favorecía ao galego debido ó seu maior grado de conservación nas zonas rurais. Se por algo se caracterizan estes anos é polo abandono progresivo do monolingüismo e o aumento do bilingüismo diglósico.

 

A continua castelanización global da sociedade, explicase en grande medida polo relativo crecemento urbano, a expansión das clases medias vinculadas ao sector servizos, a progresiva xeneralización da ensinanza e a aparición dos grandes medios de comunicación.

 

Tamén, contribuiu fortemente que factores como o prestixio ou o ascenso social se relacionasen directamente col uso do castelán, o que causou nos falantes habituais do galego tanto cambios lingüísticos para o castelán como un crecente sentimento de auto odio.

 

3.-A importancia do galeguismo no exilio.

 

Mentres o galeguismo enmudece en Galicia baixo a represión do réxime franquista, os galeguistas do exilio continúan máis aló destas fronteiras o traballo de recuperación lingüística que se iniciara nos anos anteriores ao levantamento militar. No exilio americano concentrarase todo este labor de recuperación.

 

 

Deja un comentario